O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) pon as súas  oficinas de Información ao Consumidor ao dispor de todos os cidadáns que puidesen verse afectados polos temporais dos últimos días, así como o teléfono gratuíto 900 23 11 23, para os efectos de recibir toda a información que precisen, así como asesoramento para proceder a tramitar as oportunas reclamacións.

No caso dos CORTES DE LUZ as reclamacións deben dirixirse ao servizo de atención ao cliente da  empresa distribuidora, que deberá dar unha contestación. De non facelo, poderase acudir ante o Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

 

CONTIDO DA RECLAMACIÓN.

A reclamación ante a distribuidora deberá conter os seguintes datos:

  - Datos da compañía (figuran na factura da luz).
  - Titular, enderezo e código de subministración, achegando unha factura da luz.
  - Sinalar durante cantas horas se suspendeu a subministración de luz.
 -  Descrición dos danos ocasionados e custos dos mesmos.
  - Enviar copia de todas as facturas, fotografías e demais probas para poder testemuñar os danos.

Presentar parte de sinistro á súa aseguradora no caso de que teñan concertado seguro. É conveniente respectar o prazo de sete días de aviso para que os peritos poidan valorar os danos e neste sentido, lémbrase que non se realicen reparacións sen que previamente o perito valorase eses danos.

.