• Regulamento (CE) 834/2007 do Consello, de 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetado dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) 2092/91. 

Tipos de alimentos conxelados

Que son os alimentos frescos?

Son alimentos frescos e por tanto, perecedoiros, aqueles que polas súas características naturais conservan as súas calidades aptas para a comercialización e o consumo durante un prazo inferior a 30 días ou que precisan condicións de temperatura regulada, de comercialización e de transporte.

Cando falamos de bebidas, atoparás especificacións distintas segundo se trate de augas envasadas, bebidas refrescantes e bebidas espirituosas ou alcohólicas. 

Augas envasadas

En canto á auga envasada, debes distinguir entre augas preparadas, augas minerais naturais e augas de manancial.

Que é un produto alimenticio envasado?

É a unidade de venda que se che presenta, formada por un produto alimenticio e o envase no que fora acondicionado antes de ser posto á venda. Dito envase pode recubrir o produto por enteiro ou só parcialmente pero, en ningún caso, debe poder modificarse o contido sen abrir ou modificar dito envase.