Nesta ligazón pódese ver o informe publicado pola "Civil Aviation Authority" sobre o cumprimento dos dereitos de información e a compensación financeira de diversas compañias aéreas. 

  • Convenio de Montreal, do 28 de maio de 1999.
  • Reglamento CE/261/2004, de 11 de febreiro de 2004, polo que se establecen  as normas comunes sobre compensación e asistencia aos pasaxaxeiros aéreos en caso de denegación de embarque e de cancelación o gran atraso dos voos.
  • Reglamento CE/2017/97, do 9 de outubro.
  • Conserva o billete.
  • Comproba a hora límite de aceptación do voo, que varía dependendo das compañías aéreas e do destino.
  • Conserva a tarxeta de embarque e xustificante de facturación.
  • No caso de dúbida, sobre as condición de cada tarifa, diríxete á compañía aérea ou axencia de viaxes. Igualmente, comproba a franquicia da equipaxe á que tes dereito.

Cando teñas un problema cunha compañía aérea (cancelación dun voo, retraso de máis de tres horas, denegación de embarque debida, cambio de clase, etc.

Se o voo forma parte dunha viaxe combinada ou paquete turístico poderás presentar unha reclamación por danos contra o operador turístico, cando este non prestase os servizos que contrataras dentro da UE (con independencia do destino da viaxe) ou se algún dos voos incluído na viaxe non se realiza.

Dereito a recibir un billete

O billete é o título de transporte co que formalizarás o contrato de transporte coa compañía aérea, mediante o que se obrigan a trasladarte a ti e a equipaxe desde o lugar de orixe ao lugar de destino contratado no tempo previsto.