• Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, pola que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro é procedimientos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
  • Lei 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico.

Presta atención ás características do mercado regulado e do mercado libre e se tes dúbidas, asesórate.

Comproba o aforro que pode supor contratar unha TARIFA DE DISCRIMINACIÓN HORARIA, teñas ou non calefacción eléctrica ou termo de auga quente.

Arbitraxe Consumo

Cando teñas un problema relativo ao teu subministro de luz, poderás dirixirte á túa comercializadora, a cuxos efectos a compañía ven obrigada a por a túa disposición unha dirección postal, un servizo de atención telefónica con un número gratuíto, un número de fax o unha dirección de correo electrónica á que te poidas dirixir directamente.

O autoconsumo defínese como o consumo de enerxía eléctrica provinte de instalacións de xeración conectadas no interior da rede dun consumidor ou a través dunha liña directa de enerxía eléctrica asociadas a un consumidor, distinguíndose varias modalidades de autoconsumo.

Son causa de resolución dos contratos de subministro e de accesos ás redes, a interrupción do subministro POR IMPAGO ou por calquera outra causas prevista durante máis de dous meses desde a data da suspensión. Así mesmo, se solicitas a formalización dun novo contrato, isto implicará a resolución automática do anterior contrato.

Lectura contador dixital

Dereitos e obrigas dos consumidores

Mercados

Se tes contratado menos de 10 kw de potencia, poderás optar entre dous mercados nos que contratar a electricidade para o teu fogar: mercado libre ou mercado regulado.

Todos os consumidores temos dereito de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica no territorio español así como a elixir libremente a comercializadora que desexes.