• Real Decreto 58/1988, de 29 de enero, sobre protección de los derechos del consumidor en el servicio de reparación de aparatos de uso doméstico.
  • Normativa Talleres de reparación de vehículos

¿Que debe incluír o orzamento de reparación?

Cando teñas un problema cun electrodoméstico e solicites a asistencia dun técnico para que cho repare, terás dereito a que se che entregue un ORZAMENTO PREVIO por escrito, que terá unha validez mínima de 30 días a contar desde a súa entrega.

Cando precises que os electrodomésticos ou equipamento que mercas che sexa entregado no teu domicilio, debes ter en conta que che poderán cobrar por este servizo. Dependerá da empresa, motivo polo que deberás ter en conta o que figure nas condicións xerais do propio contrato de compravenda do produto.

etiquetado enerxético

Dento do mundo dos CERTIFICADOS ENERXÉTICOS e debido ao desenvolvemento tecnolóxico, a etiquetaxe enerxética ven de renovarse para facilitar a identificación dos electrodomésticos eficientes e adaptar a súa eficiencia dende a antiga clasificación A á actual A+++.

Ao igual que calquera produto, os electrodoméstico e produtos electrónicos que merques teñen dous anos de garantía ou un ano, como mínimo, cando se trate dun aparato de segunda man. Isto implica que poidas esixir, directamente ao vendedor, a reparación ou substitución do produto sen custo algún (non se che poderá cobrar por gastos de envío, materias, man de obra, etc.).