• Real Decreto 1453/1987, do 27 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de limpeza, conservación e tinguido de produtos téxtiles, coiros, peles e sintéticos.
  • Ao entregar unha prenda para limpeza comprobe polo miúdo o estado e valoración da prenda, os danos previos e que non leve nada nos petos.
  • Esixe sempre a copia do resgardo e que se inclúan nel cantas observacións consideres oportunas.
  • Comproba que o prezo que che cobran correspóndese co que figuraba no resgardo.

A regra xeral é que os establecementos de tinturaría e lavandería responden dos danos e prexuízos que poidan causar na prestación dos seus servizos, agás que poidan eximirse de responsabilidade cando falamos dos resgardos.

Lembra que ao recoller as prendas deberás presentar o RESGARDO e que cho terán que devolver novamente incluíndo a referencia a que o servizo foi pagado, xa que o precisarás se tes que presentar unha reclamación. Se o extraviaches terás que acreditar a túa identidade ante o establecemento e deberás asinarlles a súa copia do resgardo.

Cando deixes unha prenda ou prendas DEBERÁN ENTREGARCHE UN RESGARDO (terá dúas copias, unha para cada parte) que poderá recoller cantas observacións consideren empresa e cliente sobre a cor, tratamento, coidados e sobre o estado da prenda, máxime cando durante o proceso de limpeza puidera sufrir danos. Nestes casos debes prestar atención por si a empresa non asumira responsabilidades.

Sexa nos propios establecementos ou sexa no teu domicilio, os servizos máis frecuentes que pode prestar unha tinturaría son os de limpeza ou tinguido de produtos téxtiles, de coiro, pel ou sintéticos. Tamén podemos contratar nestes establecementos a conservación das nosas prendas durante un tempo determinado para evitar o seu deterioro.