Debes ler atentamente as instrucións que poden conter todos os artigos de puericultura que se adquiran para o neno.

Vixiar ao neno cando estea facendo uso de calquera dos artigos vistos.

Debes atender á idade e peso do neno a efectos de facer uso de determinados artigos, como berces e parques.

etiquetaxe puericultura

Os artigos de puericultura son todos aqueles produtos destinados ao coidado dos nenos.

Cando compres un xoguete debes ter en conta a idade do neno que o vai a empregar, así como a súa madurez e as súas circunstancia persoais, sen esquecerte das súas necesidades e gustos. É importante tamén que teñas en contas as alerxias que poida ter o neno a determinadas sustancias, telas ou materiais, que poidan estar presentes nalgúns xoguetes.

Todos os xoguetes dispoñen dunha garantía legal de dous anos, a contar desde que se adquiriu. Durante ese prazo poderás reclamar ao vendedor por calquera desconformidade  que apareza no xoguete. Para elo é imprescindible que conserves as facturas ou tiquet de compra para facer valer a garantía. 

pictograma perigo nenos entre esa idade

Os xoguetes deberán conter de modo lexible, comprensible e indeleble, o nome e a marca do xoguete, o nome e dirección do seu fabricante, así como un punto único de contacto con este, o número de tipo, lote, serie ou modelo que permitan a súa identificación, o marcado CE e as advertencias que procedan.

As normas sobre a seguridade desta clase de produtos son máis amplas que as doutros produtos debido á maior vulnerabilidade dos seus destinatarios (os nenos). Cando o xoguete cumpra con todos os requisitos que a normativa aplicable establece, pode falarse de “xoguete seguro”.

É un  produto deseñado (exclusivamente ou non) para ser utilizado con fins de xogo por nenos menores de 14 anos.