Como calquera usuario de servizos de telecomunicacións, tes dereito a que os operadores che garantan o dereito á desconexión de determinados servizos, cando menos, os de tarificación adicional e as chamadas internacionais.

Este dereito deberá reflectirse claramente no contrato de abono, así como a forma de exercicio do dereito, debendo admitirse por parte do operador en todo caso, a petición escrita, e as realizadas por vía telefónica ou telemática. Igualmente, e ao menos unha vez cada seis meses, as facturas deberán informar de forma clara deste dereito.

A desconexión deberá levarse a cabo no prazo máximo de 10 días desde a recepción da túa solicitude. En caso de que non se realice e sempre que non sexa debido a causas imputables a ti, serán de conta do operador os custes derivados do servizo cuxa desconexión solicitaras. 

Temática:
TelecomunicaciónsTelefonía