Todos os xoguetes dispoñen dunha garantía legal de dous anos, a contar desde que se adquiriu. Durante ese prazo poderás reclamar ao vendedor por calquera desconformidade  que apareza no xoguete. Para elo é imprescindible que conserves as facturas ou tiquet de compra para facer valer a garantía. 

Ao colocar o marcado CE, o fabricante declara que o produto cumpre todos os requisitos aplicables en materia de seguridade dos xoguetes e que asume a plena responsabilidade ao respecto. Responde, por tanto, ademais de polos defectos que presentes os bens, polos danos causados como consecuencia da utilización responsable e normas do xoguete.

Os fabricantes que consideren ou teñan motivos para pensar que un xoguete que introduciu no mercado non é conforme á lexislación comunitaria de armonización pertinente, adoptará inmediatamente as medidas correctoras necesarias para facelo conforme, retiralo ou, se procede, solicitar a súa devolución.

Ademais, cando o xoguete presente un risco, os fabricantes informarán inmediatamente de elo ás autoridades nacionais competentes dos Estados Membros nos que se comercializara o xoguete  e darán detalles, en particular, sobre a non conformidade e as medidas correctoras adoptadas.

Temática:
ProdutosXoguetes