Os artigos de puericultura son todos aqueles produtos destinados ao coidado dos nenos.

No mercado comercialízanse multitude de artigos de puericultura tanto en relación ao mobiliario dos nenos (berces, hamacas, cambiadores, sistemas de retención infantil, tronas e parques), os relacionados con utensilios de cociña infantís (chupetes, biberóns e cubertería e vaixela infantís), como os destinados á mobilidade e o transporte dos menores (andadores e cadeiras e coches de paseo), así como os produtos de baño infantís.

Cada un destes artigos de puericultura está suxeito ao contido de normas europeas (documentos técnicos que establecen certas directrices para aumentar a calidade e a seguridade do produto sobre o que versan); trátase de instrumentos distintos aos regulamentos, ás directivas e ás decisións.

Con respecto ao mobiliario infantil, o etiquetado deste debe incluír información acerca dos materiais que compoñen a súa estrutura, as condicións de uso e os consellos de mantemento do moble.

En canto aos utensilios de cociña infantís, os materiais dos que estes se compoñan, non deben causar efectos tóxicos, irritantes ou nocivos, ao entrar en contacto ou ao ser inhalados por el e tampouco deben ter elementos desmontables pequenos que o neno poida tragar.

Temática:
ProdutosXoguetes