Sexa nos propios establecementos ou sexa no teu domicilio, os servizos máis frecuentes que pode prestar unha tinturaría son os de limpeza ou tinguido de produtos téxtiles, de coiro, pel ou sintéticos. Tamén podemos contratar nestes establecementos a conservación das nosas prendas durante un tempo determinado para evitar o seu deterioro.

Segundo os servizos que prestan os establecementos poden clasificarse como

  • De limpeza en seco. O servizo adoita incluír a limpeza en seco (con disolventes como o percloroetileno ou o tetracloroetileno) e repasado mecánico. Nalgúns caso pode engadirse o desmanchado ou o pasado de ferro a man.
  • Limpeza non en seco, polo xeral de lavado e secado aínda que pode incluírse o pregado e repasado.
  • Tinguido
  • Conservación.
Temática:
ServizosTinturerías