Como consumidor tes dereito a reclamar. As reclamacións consisten no procedemento para resolver os problemas que sufras en relación o teu subministro de gas. É importante que coñezas o procedemento a seguir:

  • Debes dirixirte ao servizo de atención ao cliente da túa comercializadora e poñer unha reclamación. As compañías comercializadoras están obrigadas a dispoñer dunha dirección postal e dun teléfono gratuítos así como un número de fax e un correo electrónico.A continuación, o listado cos datos das comercializadoras para poñer reclamacións:  Tes dereito a solicitar o acuse de recibo ca data, hora e número de solicitude no momento de poñer a reclamación.
  • Se non estás satisfeito ca resposta da reclamación, a comercializadora deberá informarte sobre outras vías para á resolución das reclamacións. Existe a vía administrativa no caso de reclamacións dos consumidores con Tarifa de Último Recurso, a vía xudicial para subministros de mercado liberalizado e reclamacións por danos e prexuízos, e a vía extraxudicial ante os Órganos de Arbitraxe de Consumo. 

Documentación e ligazóns relacionadas

Temática:
SubministrosGas