• Ao entregar unha prenda para limpeza comprobe polo miúdo o estado e valoración da prenda, os danos previos e que non leve nada nos petos.
  • Esixe sempre a copia do resgardo e que se inclúan nel cantas observacións consideres oportunas.
  • Comproba que o prezo que che cobran correspóndese co que figuraba no resgardo.
  • Acorda co establecemento o importe da indemnización para os casos de perda ou danos na prenda. Se non se chega a un acordo deberías acudir a outro establecemento a contratar o servizo.
  • Cando vaias recoller a prenda, comproba con calma o resultado, sobre todo se desapareceron as manchas ou se lle causou algún dano.
  • Se consideras que a limpeza é defectuosa esixe que cha realicen de novo sen cargo.
  • No caso de perda ou dano nas prendas esixe unha indemnización, ben a acordada previamente ben a que consideres que procede atendendo ao estado previo da prenda, antigüidade, tempo de uso, etc.
  • Se non chegas a acordo co prestador do servizo, poderás pedir unha folla de reclamación e tramitala ante os servizos de consumo ou levala á túa asociacións de consumidores.
Temática:
ServizosTinturerías