Se o voo forma parte dunha viaxe combinada ou paquete turístico poderás presentar unha reclamación por danos contra o operador turístico, cando este non prestase os servizos que contrataras dentro da UE (con independencia do destino da viaxe) ou se algún dos voos incluído na viaxe non se realiza.

Se o operador turístico non che ofrece unha parte considerable dos servizos contratados, estará obrigado a facilitarche, sen custe algún, asistencia e solucións alternativas, incluídas as de transporte.

En todo caso, o dito non será de aplicación cando a viaxe combinada fose cancelada e o motivo non fose o voo.

Temática:
Transporte e motorAvións