Cando compres un xoguete debes ter en conta a idade do neno que o vai a empregar, así como a súa madurez e as súas circunstancia persoais, sen esquecerte das súas necesidades e gustos. É importante tamén que teñas en contas as alerxias que poida ter o neno a determinadas sustancias, telas ou materiais, que poidan estar presentes nalgúns xoguetes.

Debes evitar a compra de xoguetes que fomenten o uso da violencia, así como os que fomenten ideas ou actitudes sexistas. Pola contra, opta por xoguetes educativos e que teñan repercusións positivas nos nenos.

Fíxate no etiquetado, embalaxe e advertencias do xoguete que se pretenda comprar. Ten en conta que pode haber distorsións entre a publicidade que se fai do xoguete e as prestacións que este oferta en realidade.

Le atentamente as instrucións que acompañan ao xoguete.

Supervisa ao neno cando estea xogando, sobre todo cando a súa idade así o aconselle e cando as características do xoguete o fagan necesario.

Mantén a precaución de coidar os xoguetes e mantelos en boas condicións e, ten a ben doar ou regalar aqueles xoguetes que xa non se usen.

Temática:
ProdutosXoguetes