Produtos >> Xoguetes

No caso de mercar estes produtos é importante escoller os que conteñan o logo CE, o que da garantía de que cumpre os requisitos de seguridade establecidos pola Unión Europea, e os que  mostren un etiquetado completo. Na etiqueta débese mostrar o nome do fabricante, por si existe a necesidade de reclamar, e a advertencia correspondente no caso de ser un xoguete non recomendado para menores de 3...

Produtos >> Xoguetes

Terás dereito a que este che sexa reparado ou, de non ser posible, que sexa substituído por un novo. Para elo, deberás levalo ao establecemento onde o adquiriches xunto co tique de compra

Produtos >> Xoguetes

Si. Ademais da posibilidade de devolver o produto presentando o tique de compra, que fai valer a garantía inherente ao mesmo, debes saber que este tipo de publicidade considerase enganosa e constituínte dunha infracción en materia de consumo. Neste caso, é recomendable dirixir unha denuncia ante o Instituto Galego de Consumo, as Oficinas Municipais de Consumo ou asociacións de consumidores. ...

Produtos >> Xoguetes

É un distintivo que acredita que o xoguete cumpre coa normativa europea de seguridade en materia de xoguetes.

Conforme o disposto pola Comisión Europea, o marcado CE significa: «marcado polo que o fabricante indica que o produto está en consonancia cos requisitos aplicables establecidos na lexislación comunitaria». Por iso, o marcado CE é un requisito legal aínda que non existe...

Produtos >> Animais de compañía

Se ben, debemos ter presente que estamos a falar de animais, é dicir, falamos de bens que pola súa propia natureza nos atoparemos con matices moi importantes á hora de aplicar a normativa vixente en materia de consumo, posto que, na maioría dos casos, cando o produto (o animal) non sexa conforme co contrato, non poderemos exercitar o noso dereito a que se nos substitúa ou repare, posto que non...

Produtos >> Animais de compañía

Se atendemos a que, por ben moble se entende todo aquel que se pode transportar dun lugar a outro sen menoscabo do inmoble ao que estivesen unidos, segundo o establecido polo Código Civil, podemos incluír aquí aos animais de compañía, en canto a poder aplicar o mesmo réxime que ao resto de produtos nunha relación de consumo. Así mesmo, o RDL 1/2007, polo que se aproba o texto...

Produtos >> Alimentación

As ETG non fan referencia ao orixe do produto alimenticio, senón que son mencións que pretenden protexer os métodos de produción e as receitas tradicionais.

 

Produtos >> Alimentación

Unha IXP é un nome que identifica un produto orixinario dun lugar determinado ou unha rexión, que posúa unha calidade determinada, unha reputación ou outra característica que poida esencialmente atribuírse ao seu orixe xeográfico; polo menos unha de súas fases de produción debe ter lugar na zona xeográfica definida. Exemplos de IXP: “Pan de Cea”, “Tenreira galega”.

Produtos >> Alimentación

Unha DOP é un nome que identifica un produto orixinario dun lugar determinado ou dunha rexión, cuxa calidade ou características se deben fundamental ou exclusivamente a un medio xeográfico particular cos factores naturais e humanos inherentes a el; todas as súas fases de produción deben ter lugar na zona xeográfica definida. Exemplos de DOP: “Queixo Tetilla”, “Queixo San Simón”, “Pemento de...

Produtos >> Alimentación

É a posibilidade de encontrar e seguir o rastro, a través de tódalas etapas de produción, transformación e distribución dun alimento, un penso, un animal destinado á produción de alimentos, ou unha substancia destinada a ser incorporada en alimentos ou pensos ou con probabilidade de selo.