Se ben, debemos ter presente que estamos a falar de animais, é dicir, falamos de bens que pola súa propia natureza nos atoparemos con matices moi importantes á hora de aplicar a normativa vixente en materia de consumo, posto que, na maioría dos casos, cando o produto (o animal) non sexa conforme co contrato, non poderemos exercitar o noso dereito a que se nos substitúa ou repare, posto que non será posible cambialo por outro igual ou que sexa reparado. É por elo que, nestes supostos teremos que solicitar unha rebaixa no prezo ou a resolución do contrato, sempre tendo moi presente que estamos a falar de animais.

En todo caso, atendendo a que o vendedor queda obrigado a entrega ao consumidor un produto que sexa conforme co contrato, terá que responder de calquera falta de conformidade que exista no momento da entrega do mesmo. É por elo, atenderase ao prazo xeral de dous anos de garantía a contar dende a entrega do produto para os supostos de enfermidade ou morte do animal.

Durante este prazo o vendedor queda obrigado a responder das faltas de conformidade do ben, tendo dereito o consumidor a:

  • Que o animal sexa curado, podendo reclamar os gasto ocasionados a causa do veterinario cando a mascota así o requira a causa dunha enfermidade orixinada con anterioridade á compra, aínda que non se coñecese no momento da compra.
  • Rebaixa no prezo, cando o animal padeza algunha tara ou limitación.
  • Devolución do prezo, nos supostos de morte do animal a causa dunha enfermidade anterior a compra  ou cando o animal non posúa as características publicitadas ou anunciadas polo vendedor, as cales motivaron ao usuario a mercar o animal.

En todo caso, ao igual que para calquera outro suposto no que mercamos un ben, será necesario que conservemos o tícket ou factura de compra a efectos de facer valer a garantía do animal.

Temática:
ProdutosAnimais de compañía