É importante que te fixes na información que ofrece a páxina web, que deberá conter:

  • Nome e denominación social.
  • Domicilio  social.
  • Teléfono de atención ao cliente ou calquera outro medio a través do cal o consumidor poida poñerse en contacto coa empresa.
  • Prezos de bens e servizos ofertados.
  • Cargos adicionais en relación ao envío do produto.
  • Condicións e formas de pago.

 

Outras consideracións a ter en conta son:

  • A URL da páxina web debe comezar por https://
  • Na barra de dirección aparecerá un cadeado, se está pechado ou se ilumina significa que se atopa nunha páxina segura. En ocasións, móstranse as palabras Secure Sockets Layer (SSL). 
Temática:
ComprasCompras en internet