Subministros >> Gas

Se non aceptas as novas condicións tes dereito a anular o contrato sen penalización. Deberás ser notificado sempre de calquera modificación do teu contrato. 

Subministros >> Gas

Como persoa consumidora, podes contratar un subministro de gas no mercado regulado (Tarifa de Último Recurso), sempre que teñas un consumo inferior ou igual a 50.000kWh/ano, ou no mercado libre. Se tes un consumo anual superior a 50.000 kWh/ano deberás necesariamente ser subministrado por unha comercializadora libre.

Compras >> Garantías

A garantía comercial deberá formalizarse por escrito e expresará necesariamente:

  • O ben ou servizo sobre o que recae a garantía.
  • O nome e a dirección do garante.
  • Que esta garantía non afecta aos dereitos legais do consumidor ante a falta de conformidade dos produtos co contrato.
  • Todos os dereitos que se lle concedan ao consumidor como titular da garantía...
Compras >> Garantías

Non é necesario, pois co xustificante de compra poderás facer valer a garantía en vigor.

 

Tamén é certo que no referido aos bens de natureza duradeira, a Lei estipula que os dereitos que a devandita lei concede ante a falta de conformidade co contrato formalizaranse sempre por escrito ou en calquera soporte duradeiro.

Compras >> Garantías

O vendedor responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos dende a entrega (produtos novos e de segunda man). Agora ben, para os bens de segunda man, o vendedor e o consumidor poderán pactar un prazo menor, que non poderá ser inferior a un ano dende a entrega. Dentro destes prazos a falta de conformidade que se produza dentro dos seis primeiros meses se presume que...

Compras >> Garantías

Si. A garantía dun produto tamén cubre a instalación cando esta fora realizada polo vendedor ou baixo a súa responsabilidade, ou incluso cando a realizases ti mesmo seguindo as instrucións de instalación do produto e cuxo defecto se deba a un erro nas instrucións

Compras >> Prezos

Si, a persoa vendedora deberá subministrar á persoa consumidora, de forma veraz, eficaz e suficiente o prezo total, é dicir, impostos incluídos, os gastos de entrega e transporte no caso de habelos xunto ás forma de pago. 

Compras >> Prezos

Si, os establecementos poden negarse ao cobro de determinadas cantidades con tarxeta sempre que o anuncien, previamente, aos seus clientes con carteis visibles ao público. 

Compras >> Prezos

Si, sempre que se oferten artigos con redución de prezo deberán figurar o prezo anterior xunto ao prezo reducido, salvo que os artigos foran postos á venda por primeira vez. 

Compras >> Compras fóra do establecemento

O vendedor deberá executar o pedido, como máximo, no prazo de trinta días naturais a partir da celebración do contrato salvo que as partes acorden outra cosa. Se o vendedor non cumpre co prazo de entrega por non estar dispoñible o ben ou o servizo contratado, deberás ser informado da falta de dispoñibilidade e deberás poder recuperar as sumas abonadas.