Tipo de actividade:
Outras actividades
Período:
22 de Xaneiro de 2018 a 8 de Outubro de 2018
Horario:
11:00 h.
Localización:
Aulas CeMIT
Ubicación concreta
Aulas CeMIT

O IGCC imparte un ciclo de charlas formativas dentro do seu Programa CORES, de Educación para o Consumo Responsable, que se retransmiten por videoconferencia nas aulas da rede CeMIT, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Escola Galega do Consumo desenvolve a través da rede de Aulas CeMIT varias actividades formativas sobre consumo responsable, en sesións de mañá ás 11:00 horas.

Calendario de actividades 

  • 22 de xaneiro: Telefonía móbil
  • 5 de febreiro: Etiquetado
  • 5 de marzo: Talleres de reparación de vehículos
  • 9 de abril: Aluguer e vivenda
  • 7 de maio: A factura do gas
  • 4 de xuño: A contratación de viaxes
  • 17 de setembro: Comercio electrónico e métodos de pago seguros
  • 8 de outubro: Cláusulas chan e gastos de formalización da hipoteca

Cunha duración aproximada de hora e media, as charlas están orientadas ao público en xeral e abordan temas de actualidade para o conxunto das persoas consumidoras. O único requisito para poder asistir a estas charlas é ser usuario/a da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/)

 A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Documentación e ligazóns relacionadas