Tipo de actividade:
Oferta permanente
Duración:
Anual
Localización:
Escola Galega de Consumo (EGC)
Lugar designado polo usuario

Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega de Consumo (EGC) conta co programa Dálle luz á túa factura.

Tipo de actividade

O programa Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Contidos

  • Mercado regulado/mercado libre
  • Comercializadoras de referencia
  • Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc
  • Tipos de tarifas
  • Tipos de contadores
  • Medidas de aforro

 

Localización

  • As actividades realízanse preferentemente nas instalacións da EGC, que conta con aulas especificamente equipadas para o seu desenvolvemento.
  • As solicitudes para a realización das actividades deste programa noutra localización distinta, é dicir, no lugar elixido polo usuario, deben ser aprobadas pola dirección da EGC.

Modalidade

  • Charla participativa: os distintos contidos trabállanse a través dunha explicación oral, apoiada cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de xeito que se facilite a participación do alumnado.

Organización

  • A duración estimada das actividades é de 60 minutos.
  • O horario de realización das actividades é de luns a venres, de 8:00 a 18:00 horas.
  • As actividades poden adaptar a súa duración e os seus contidos ás necesidades educativas especiais ou ás demandas específicas de cada colectivo, o que se debe sinalar de xeito específico no formulario de inscrición.

Participación

  • Cumprimentar o formulario de inscrición.
  • A continuación, a EGC confirmará a reserva da actividade solicitada, sinalando as datas e os horarios para cada actividade.