Tipo de actividade:
Oferta estacional
Período:
1 de Xullo de 2017 a 31 de Agosto de 2017
Localización:
Lugar designado polo usuario
Modalidade:
Obradoiro
Charla participativa
Dirixido a:
Outros colectivos
Todos os colectivos e todas as idades

LecerConsumo é o programa estacional que desenvolve a Escola Galega de Consumo nos meses de verán. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, o comercio xusto, a dieta equilibrada ou o consumismo como exceso a evitar.

Está dirixido a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas. As actividades son de carácter lúdico e participativo, como non pode ser doutro xeito no período estival, pero a un tempo pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa.

 

Programa de actividades

3 a 7 anos
8 a 12 anos
13 a 17 anos
18 en diante
Narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso mercar xoguetes para disfrutar do lecer. A continuación os nenos e nenas crean o seu propio xoguete (unha variña que utiliza unha personaxe do conto narrado previamente). Duración: 45 minutos
Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. A continuación, cada grupo deseña un plan ("o planazo"), propoñendo unha xornada de lecer que inclúa alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada con produtos locais. O resultado final gravarase nun vídeo, que participará nun concurso a través do Facebook da Escola Galega de Consumo. Duración: 1 hora e 30 minutos
Actividade na que os rapaces e rapazas participantes xogan ao xogo da oca xigante, cunha dinámica de preguntas e respostas relacionadas cos dereitos e deberes que nos asisten cando viaxamos. Duración: 1 hora
Charla participativa dirixida a persoas adultas e centrada en como fomentar nos nenos e nenas un lecer responsable e saudable, evitando o exceso de actividades sedentarias, o consumismo ou o uso abusivo das novas tecnoloxías. Daranse unha serie de pautas para favorecer un lecer responsable dentro da vida familiar. Duración: 1 hora

Documentación e ligazóns relacionadas