Tipo de actividade:
Oferta permanente
Duración:
Anual
Localización:
Escola Galega de Consumo (EGC)
Lugar designado polo usuario
Modalidade:
Obradoiro
Charla participativa
Dirixido a:
Outros colectivos

O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.

Tipo de actividade

Cores é o programa permanente da Escola Galega do Consumo ( EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano.

Localización

  • As actividades realízanse nas instalacións da  EGC, que conta con aulas especificamente equipadas para o seu desenvolvemento, ou noutro lugar indicado pola persoa ou entidade solicitante no formulario de inscrición.

Modalidade

Para facilitar a participación de todos os sectores da poboación, cada actividade pode realizarse en dous formatos diferentes:

  • Obradoiro: as distintas temáticas trabállanse a través dunha serie de dinámicas que mostran situacións de consumo da vida cotiá.
  • Charla participativa: as distintas temáticas trabállanse a través dunha explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de modo que se facilite a participación do alumnado.

Organización

  • A duración estimada de cada actividade é de 60 minutos.
  • O horario de realización das actividades é de luns a venres, de mañá e de tarde.
  • As actividades poden adaptar a súa duración e contidos ás necesidades educativas especiais ou ás demandas específicas de cada colectivo, o que se debe sinalar de maneira específica no formulario de inscrición.
  • Para as actividades que se desenvolven fóra das instalacións da  EGC establécese un mínimo de 15 participantes.  

Oferta de actividades por temáticas

Para facilitar a elección, as actividades divídense en cinco grandes temáticas:

Participación

  • Cubrir e enviar o formulario de inscrición.
  • A continuación, a  EGC confirmará a reserva da actividade solicitada, sinalando as datas e os horarios para cada actividade.

Programa de actividades

De 3 a 7 anos
De 8 a 12 anos
De 13 a 17 anos
18 anos en diante
A través do recurso didáctico A pirámide dos alimentos explícanse as características básicas dos distintos alimentos e como manter unha dieta equilibrada.
Obradoiro práctico na aula Supermercado. Simulación dunha compra para analizar o significado de practicar un consumo responsable. Pasos para realizar unha compra responsable: que facer antes, durante e despois de comprar.
Análise da elección de xoguetes desde o punto de vista do xénero. Influencia da publicidade e dos estereotipos de xénero empregados nos recursos publicitarios dirixidos á infancia.
Diferenzas entre os xoguetes e aqueles produtos que non o son. Envases e etiquetaxe dos xoguetes. Pautas de seguridade para un uso responsable dos xoguetes.
Principais aspectos de consumo na telefonía móbil: contratación, tarifas, portabilidade, roaming, datos móbiles. Dereitos das persoas usuarias da telefonía móbil e vías de reclamación.
A través do recurso didáctico A pirámide dos alimentos explícanse as características básicas dos distintos alimentos e como manter unha dieta equilibrada.
Obradoiro práctico na aula Supermercado. Simulación dunha compra para analizar o significado de practicar un consumo responsable. Pasos para realizar unha compra responsable: que facer antes, durante e despois de comprar.
Explicación das nocións básicas da etiquetaxe dos produtos a través dun xogo de descubrimento.
Principais elementos da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas). Influencia da publicidade nas decisións de consumo. Pasos para a realización dunha campaña publicitaria.
Achegamento ao concepto de comercio xusto. Diferenzas con outras formas de comercio. Principios básicos do comercio xusto. O seu impacto na economía mundial e nos países norte/sur.
Diferenzas entre os xoguetes e aqueles produtos que non o son. Envases e etiquetaxe dos xoguetes. Pautas de seguridade para un uso responsable dos xoguetes.
Tipos de videoxogos segundo os seus contidos. Recomendacións por idade segundo o Código PEGI. Influencia dos videoxogos no comportamento dos seus usuarios e usuarias.
Xogos e actividades para descubrir como navegar pola rede dun modo seguro. Vantaxes e potenciais riscos dun uso inadecuado de Internet.
Pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación en materia de consumo. Funcionamento dos servizos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e as súas vías de resolución de conflitos.
Partes xerais e obrigatorias da etiquetaxe de calquera produto que se comercialice. Importancia de coñecer a etiquetaxe para tomar a mellor decisión de consumo.
Análise específica da etiquetaxe alimentaria atendendo á normativa en vigor. Etiquetaxe nutricional e compoñentes alérxenos dos alimentos.
Obradoiro práctico na aula Supermercado. Simulación dunha compra para analizar o significado de practicar un consumo responsable. Pasos para realizar unha compra responsable: que facer antes, durante e despois de comprar.
Principais elementos da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas). Influencia da publicidade nas decisións de consumo. Pasos para a realización dunha campaña publicitaria.
Diferenza entre a publicidade e a información. Identificación dos distintos tipos de publicidade ilícita: en que consisten e como denunciar.
Publicidade no punto de venda dentro do conxunto de técnicas de merchandising. Comportamento das persoas consumidoras na toma de decisións.
Hábitos de compra das persoas consumidoras baseados na influencia das marcas como principal criterio de elección.
Achegamento ao concepto de comercio xusto. Diferenzas con outras formas de comercio. Principios básicos do comercio xusto. O seu impacto na economía mundial e nos países norte/sur.
Uso e consumo responsable das novas tecnoloxías. Vantaxes e potenciais riscos no uso de Internet e outros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting, cyberbulling, grooming, uso abusivo).

Identificación do concepto de alimentos funcionais. Análise das propiedades máis comúns destes alimentos a través das alegacións da normativa vixente.
Obradoiro práctico na aula Supermercado. Simulación dunha compra para analizar o significado de practicar un consumo responsable. Pasos para realizar unha compra responsable: que facer antes, durante e despois de comprar.
Principais elementos da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas). Influencia da publicidade nas decisións de consumo. Pasos para a realización dunha campaña publicitaria.
Diferenza entre a publicidade e a información. Identificación dos distintos tipos de publicidade ilícita: en que consisten e como denunciar.
Publicidade no punto de venda dentro do conxunto de técnicas de merchandising. Comportamento das persoas consumidoras na toma de decisións.
Hábitos de compra das persoas consumidoras baseados na influencia das marcas como principal criterio de elección.
Achegamento ao concepto de comercio xusto. Diferenzas con outras formas de comercio. Principios básicos do comercio xusto. O seu impacto na economía mundial e nos países norte/sur.
Principais características dos produtos ecolóxicos e do comercio de proximidade. Selos e certificacións de calidade e o seu significado.
Uso e consumo responsable das novas tecnoloxías. Vantaxes e potenciais riscos no uso de Internet e outros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting, cyberbulling, grooming, uso abusivo).
Pasos para comprar en Internet dun modo seguro e para evitar fraudes: identificación de páxinas seguras, dos distintos medios de pagamento, posibilidade de abandonar a compra. Dereitos das persoas consumidoras no caso das compras a distancia.
Pasos para contratar unha viaxe combinada a través de internet: identificación de páxinas seguras, de medios de pagamento, abandono da compra. Organismos onde acudir en caso de irregularidade na contratación da viaxe ou durante a súa realización.
Pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación en materia de consumo. Funcionamento dos servizos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e as súas vías de resolución de conflitos.
Dereitos básicos ao utilizar diferentes medios de transporte público: tren, autobús, barco e avión. Como reclamar dependendo do medio de transporte.
Características básicas dos principais produtos e servizos bancarios. Estratexias para a adquisición e uso responsable dos servizos financeiros.

Documentación e ligazóns relacionadas