Programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, incluido dentro do Plan Proxecta.

Xustificación

  • Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos currículos das diferentes etapas e niveis do ensino regrado.
  • Promover a educación para o consumo responsable nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivo xeral

O obxectivo deste programa é a realización dun proxecto que permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar a nivel estatal.

Obxectivos específicos

Para o alumnado:

  • Adquirir habilidades básicas que lle permitan realizar un consumo responsable na súa vida cotiá.
  • Coñecer os recursos e as ferramentas para solucionar problemáticas de consumo.
  • Manexar de xeito consciente e responsable as tecnoloxías da información e da comunicación.

Para o profesorado:

  • Comprender a importancia e o significado de realizar un consumo responsable e trasladalo ao seu alumnado.
  • Coñecer e manexar os recursos e as ferramentas para traballar estes contidos e transmitirllas ao seu alumnado.
  • Aumentar as habilidades de uso das Tecnoloxías da Información e da  Comunicación.

Para o resto da comunidade educativa:

  • Colaborar e participar de xeito activo nas iniciativas sobre consumo responsable promovidas polo alumnado participante no proxecto.
  • Ser consciente da importancia de desenvolver actitudes e comportamentos cara un consumo máis crítico.

Temporización

A duración deste programa é de medio curso.

Descrición do concurso Consumópolis

Consumópolis é un concurso de ámbito estatal, promovido polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través de AECOSAN, e organizado na Comunidade Autónoma de Galicia polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O concurso consta de dúas fases de participación:

- Unha fase autonómica, organizada polos organismos competentes en Consumo de cada cidade e comunidade autónoma, na que se seleccionarán aos equipos gañadores por cada nivel de participación.

- Unha fase nacional, organizada pola AECOSAN, na que participarán os equipos que resulten gañadores en cada cidade e comunidade autónoma.

A participación no concurso materializarase a través das actividades que o alumnado deberá desenvolver no sitio web www.consumopolis.es, seguindo as Instrucións xerais de participación que alí se detallan, para as dúas partes do concurso.

Participantes

Cada centro participante formará equipos de 5 alumnos/as, coordinados por 1 docente (un mesmo docente poderá coordinar varios equipos, pero os concursantes só poderán inscribirse nun equipo), e divididos en 3 categorías de participación:

Categoría 1: 5º e 6º curso de primaria.
Categoría 2: 1º e 2º curso de ESO.
Categoría 3: 3º e 4º curso de ESO.

Partes do concurso

O concurso consta de dous partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable. 

Na primeira parte do concurso, os cinco compoñentes do equipo deberán completar o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, resolvendo as diversas probas, de carácter pedagóxico e lúdico, que se presentarán ao longo do mesmo.

Para poder participar na segunda parte do concurso é preciso que todos os compoñentes do equipo completen o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis.

Na segunda parte do concurso os cinco compoñentes do equipo deberán deseñar, elaborar e presentar un traballo en equipo sobre consumo responsable. Este traballo poderá optar a dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional.

Poderá accederse á zona do concurso e consultarse as características específicas do traballo en equipo a partir do 09/10/2017.

Aclaración importante sobre a participación en Consumópolis dentro do Plan Proxecta: A participación no programa Consumópolis dentro do Plan Proxecta leva asociada dous prazos de inscrición:

  • Dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ata o 16/10/2017.
  • Dentro do sitio web www.consumopolis.es  a partir do 09/10/2017.

Produto final

Realización dun traballo conxunto sobre consumo responsable

Actividades e recursos

A Escola Galega de Consumo ofértalle aos centros participantes as seguintes actividades e recursos para axudarlles a desenvolver con éxito o seu traballo:

Formación inicial:

  • Carácter: voluntario. Recoméndase a asistencia para aqueles docentes que participen por primeira vez no programa.
  • Descrición: Presentación inicial da plataforma virtual de Consumópolis e explicación dos contidos básicos necesarios para a realización do traballo en equipo.
  • Esta formación está integrada dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado.

Actividades para o alumnado:

  • Carácter: Voluntario.
  • Duración aproximada: 2 horas.
  • Modalidade: Presencial.
  • Temporización: Na data elixida polo centro entre os meses de outubro a marzo.
  • Lugar: Instalacións da Escola Galega de Consumo. Santiago de Compostela.
  • Descrición: O alumnado, acompañado do docente coordinador, desprazarase ás instalacións do IGC en Santiago de Compostela para participar no obradoiro de consumo responsable que elixan dentro dos ofertados na páxina web do IGC, que será impartido por persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable.
  • Matrícula: Os centros inscritos no programa poden solicitar a participación nos obradoiros directamente a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo (http://consumo.xunta.gal).
  • Custo: O centro terá que asumir os custos de desprazamento e, no seu caso, manutención do alumnado.

Saídas extra escolares:

Saída fin de actividade para as entregas dos premios (no caso de resultar gañadores do concurso):

  • A entrega dos premios autonómicos terá lugar en Santiago de Compostela e nela os equipos gañadores deberán acudir acompañados polo docente do centro educativo que coordinase o traballo. Os gastos ocasionados polos desprazamentos correrán a cargo do centro educativo.
  • A entrega dos premios nacionais terá lugar en Madrid e nela cada concursante gañador poderá estar acompañado de dous familiares e do docente do centro educativo que coordinase o traballo. Os gastos ocasionados polos desprazamentos correrán a cargo da AECOSAN.

Asesoramento ao profesorado:

A Escola Galega de Consumo estará ao dispor dos centros participantes para facilitarlles a orientación e o apoio que precisen.

Material didáctico:

Fichas pedagóxicas en formato electrónico dispoñibles na web de referencia.

Web de referencia:

 http://www.consumopolis.es/

Premio:

Os traballos realizados poderán participar en dúas convocatorias de premios, unha autonómica e outra nacional:

  • Convocatoria autonómica:Concederanse tres premios en metálico de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. A convocatoria para optar a estes premios publicarase no DOG durante o primeiro trimestre de 2018.
  • Convocatoria nacional: Os primeiros clasificados na convocatoria autonómica representarán á Comunidade Autónoma de Galicia na convocatoria nacional. Os premios nacionais consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o docente que coordinara ao equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo para o centro.
  • Diploma para todos os participantes: Todo o alumnado que finalice a primeira fase, completando o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, obterá un diploma acreditativo da súa participación, que poderá descargar directamente da propia plataforma.

Consulta máis abaixo a relación dos premios da fase autonómica de Consumópolis 12

 

 

 

Tipo:
Concurso
Ámbito:
Administración pública