As actividades do programa de verán LecerConsumo chegou no mes de xullo a 1.232 rapaces e rapazas de diferentes concellos galegos.
LecerConsumo é un programa de actividades que educa dunha maneira lúdica durante as vacacións de verán.
O programa consta de diferentes actividades segundo as idades e os intereses do grupo destinatario
Santiago de Compostela, 2 de Agosto de 2017.-

Durante o mes de xullo a Escola Galega do Consumo achegou as actividades do seu programa de verán LecerConsumo a 1.232 rapaces e rapazas de diferentes concellos galegos.

 

LecerConsumo é un programa de actividades deseñado pola Escola Galega do Consumo para educar dunha maneira lúdica durante as vacacións de verán.

 

O programa xira en torno ao consumo responsable, facendo fincapé nas diferentes alternativas ao modelo consumista da sociedade. 

 

As actividades están plantexadas para que os participantes aprendan de forma lúdica a través de xogos e dinámicas.

 

O programa consta de diferentes actividades segundo as idades e os intereses do grupo destinatario:

 

De 3 a 7 anos. A MAXIA DO LECER. Existen moitas maneiras de aproveitar o lecer sen ter que comprar xoguetes.

 

De 8 a 12. ACTÍVATE NO VERÁN. É fundamental diferenciar o ocio activo do pasivo e coñecer as posibilidades que o noso entorno ten para nós. Ó rematar a actividade gravarase un vídeo que entrará a concurso no Facebook da Escola Galega do Consumo.

 

De 13 a 17. DE OCA A OCA, OS DEREITOS NON SE TOCAN. Os rapaces e rapazas xogarán para coñecer os seus dereitos á hora de viaxar.

 

Maiores de 18. EDUCANDO NUN LECER RESPONSABLE. Charla participativa na que se afondará no lecer responsable e activo.

 

A Escola Galega do Consumo seguirá desenvolvendo estas actividades durante o mes de agosto por diferentes vilas e cidades de toda a xeografía galega.

 

Máis información:

Nos teléfonos 881 999 092 e 881 999 093 ou a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros