O Instituto Galego de Consumo vén de notificar a apertura dos primeiros 30 expedientes sancionadores correspondentes con outras tantas reclamacións de consumidores en relación ao caso Volkswagen
Santiago de Compostela, 30 de Agosto de 2016.-

 
O Instituto Galego de Consumo  notifica a apertura dos primeiros 30 expedientes sancionadores en relación co caso Volkswagen
 
 
O Instituto Galego de Consumo  vén de notificar a apertura dos primeiros 30 expedientes sancionadores correspondentes con outras tantas reclamacións de consumidores en relación ao caso Volkswagen.
 
Os expedientes tramítanse en relación coa  posible comisión dunha falta grave consistente nun fraude na calidade dos vehículos ao incorporar un software que modifica as taxas de emisións do mesmo.
 
Antes de impoñer a sanción, ábrese un prazo de alegacións. O importe das sancións que se recolle nos expedientes de apertura é de dúas veces o valor do vehículo, polo que o importe global máximo da sanción en relación aos 30 expedientes sería de 1,2M€. Se a empresa dera cumprimento e satisfacción ás pretensións solicitadas polos consumidores, a sanción reduciríase a 90.030 (3.001 euros por cada expediente como sanción atenuada).
 
O IGC vén traballando dende un primeiro momento no caso Volkswagen a través de dúas liñas principais: por unha banda, informando aos consumidores e tramitando as súas reclamacións e, por outra banda, solicitando da empresa  información pormenorizada sobre as actuacións que ten previsto realizar para solventar a situación ao tempo que se lle propón  a utilización da mediación e do arbitraxe, proposta que  polo momento non foi obxecto de aceptación polas marcas do grupo Volkswagen.
 
Na actualidade o Instituto Galego de Consumo  ten rexistradas más de 200 reclamacións en relación ao caso Volkswagen que están a ser obxecto de estudo e tramitación, polo que a cifra de 30 expedientes abertos podería incrementarse  conforme  estas se vaian tramitando
 

Temática:
Transporte e motorCompra de vehículos