A xornada foi inaguarda pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, María Jesús Muñoz Chesa, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente,
Trátase dunha xornada monográfica sobre a factura eléctrica que analiza os cambios que van vir coa nova regulación do “bono social” e a definición da nova categoría de “consumidores vulnerables”
Santiago de Compostela, 14 de Xuño de 2017.-

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, María Jesús Muñoz Chesa, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, inauguraron hoxe en Santiago unha xornada de formación específica sobre a facturación da enerxía eléctrica dirixida ao persoal dos servizos sociais municipais e doutras entidades de iniciativa social que traballan con persoas en situación de vulnerabilidade.

Esta xornada ven a dar continuidade a outras similares que xa se realizaron con anterioridade, a través das cales se lle facilitou ao persoal que traballa nos distintos servizos de atención ás persoas en risco de exclusión social a información básica para mellorar a asesoramento aos distintos colectivos en situación de vulnerabilidade, prestando especial atención ás problemáticas de consumo máis habituais como a telefonía móbil, os riscos dos créditos rápidos, a influencia da publicidade e das marcas no consumo doméstico ou incluso cómo realizar unha reclamación en materia de consumo.

Agora, con esta xornada monográfica sobre a factura eléctrica, preténdese ampliar a información xa subministrada sobre este tema, e tamén analizar os cambios que nesta materia están por vir en relación coa nova regulación do coñecido como “bono social” e a definición da nova categoría de “consumidores vulnerables” coa futura aprobación do Real Decreto polo que se regula o consumidor vulnerable de enerxía eléctrica, o bono social e as condicións de suspensión do subministro para o consumidor con potencia contratada igual u inferior a 10 kw.

Coñecedor da problemática para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias supón o subministro de enerxía eléctrica, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia ven desenvolvendo dende hai varios anos o programa Dálle Luz á Túa Factura, co que se pretende achegarlle ao conxunto da poboación os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Con esta xornada preténdese poñer o foco na importancia de coñecer o funcionamento do mercado eléctrico para comprender mellor os cambios que se van a producir coa futura regulación do bono social aplicable ás distintas categorías de consumidores vulnerables de enerxía eléctrica.

Temática:
SubministrosElectricidade