Precaución ante a comercialización dos produtos denominados "aneis do ánimo" (esferas que ao chiscar simulan o sonido dos petardos).
Santiago de Compostela, 4 de Agosto de 2017.-

 

 

 O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, ante a comercialización dos produtos denominados "aneis do ánimo" (esferas que ao chiscar simulan o sonido dos petardos) lembra que todos os xoguetes deben poñerse á venda correctamente envasados e etiquetados.

 

Na etiqueta debe figurar:

- Nome do responsable do produto co enderezo completo.

- Marcado CE*

- Si é o caso, advertencia de idade coa indicación do risco asociado á advertencia.

- Instruccións de uso

- Outras advertencias de seguridade

 

*O marcado CE ten que estar respaldado por un expediente, a disposición da Administración, no que se xustifique o cumprimento de tódalas medidas de seguridade de xoguetes establecidas na norma UNE-EN 71

Temática:
ProdutosXoguetes