Os establecementos comerciais quedan, por razóns de seguridade, dispensados da obrigación de exhibir ao público o prezo daqueles produtos de xoiaría e prataría expostos en escaparates visibles desde o exterior do establecemento cuxo valor unitario supere os seiscentos euros.
O Sistema Arbitral de Consumo é a arbitraxe institucional de resolución extraxudicial, de carácter vinculante e executivo para ambas as partes, dos conflitos xurdidos entre as persoas consumidoras ou usuarias e as empresas ou profesionais en relación aos dereitos legal ou contractualmente recoñecidos ao consumidor e á consumidora.
A Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de consumo. Esta lei ten por obxecto a regulación da inspección en materia de consumo na Comunidade Autónoma.
A Constitución Española, norma e fundamento de todo o ordenamento xurídico, ordena no seu artigo 51 que os poderes públicos, garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos.
O Consello Galego de Consumidores e Usuarios é o órgano de representación e consulta no ámbito da Comunidade Autónoma Galega e ten a representación institucional das organizacións e asociacións de persoas consumidoras e usuarias, ante a Administración autonómica ou outras entidades e organismos de carácter autonómico.
Esta disposición regula no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a prestación a domicilio de servizos de mantemento, reparación e reforma ás persoas consumidoras e usuarias levados a cabo por aquelas persoas que se dediquen ás devanditas actividades, co obxecto de protexer os interes económicos daquelas e garantir o seu dereito a unha correcta información.