Data da norma:
24/05/84
Data da publicación:
24/05/84
Data de aplicación:
24/05/84
A fin de crear as canles axeitadas para a protección e defensa das persoas consumidoras e usuarias, e en cumprimento das previsións constitucional e estatutaria, constitúese o Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia onde se deberán integrar aquelas organizacións, asociacións ou entidades que sen ánimo de lucro, e desenvolvendo as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, teñan por finalidade a defensa dos intereses das persoas consumidoras e usuarias.
Temática:
Outros
Departamento:
Asociacións de consumidores