Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización dos ensaios de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.)
Os establecementos comerciais quedan, por razóns de seguridade, dispensados da obrigación de exhibir ao público o prezo daqueles produtos de xoiaría e prataría expostos en escaparates visibles desde o exterior do establecemento cuxo valor unitario supere os seiscentos euros.
O obxectivo deste real decreto é garantir que os produtos que se poñan no mercado sexan seguros
Directiva 2001/95/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 3 de decembro de 2001 relativa a seguridade xeral dos produtos. O obxectivo da presente Directiva é garantir que os produtos que se poñan no mercado sexan seguros.
A Constitución Española, norma e fundamento de todo o ordenamento xurídico, ordena no seu artigo 51 que os poderes públicos, garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos.