Data da publicación:
01/01/15
Data de aplicación:
01/01/15 a 31/12/15
Poderán solicitar a súa inscrición no Rexistro de organizacións de persoas consumidoras e usuarias as asociacións/federacións sen fins lucrativos e sen axudas por parte doutras empresas, que teñan a súa sede social en Galicia e a súa finalidade primordial é a defensa da persoa consumidora e usuaria. Para inscribirse no Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia, pódelle solicitar á Xunta de Galicia que lle autorice a inscrición, cando cumpra os seguintes requisitos: - Unha organización ou asociación de persoas consumidoras e usuarias ou de amas de casa, cun mínimo de 200 socios e socias se actúa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, ou de 50 socios e socias se o seu ámbito é menor; e cun presuposto mínimo anual de gastos de 3.005 e 1.202 euros, respectivamente. - Unha federación integrada por un mínimo de tres organizacións inscritas no rexistro, cun orzamento mínimo de gastos anual de 4.507,59 euros, Para a súa inclusión no rexistro, consideraráselle colaboradora da Consellería de Innovación, Industria e Comercio podendo desenvolver diversas actividades de defensa da persoa consumidora e usuaria.
Resolución:
Non
Temática:
Outros
Departamento:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia