O Instituto Galego do Consumo e da Competencia infórmalle que se é vostede unha das persoas afectadas pola cancelación dun voo por parte da compañía  aérea Ryanair, ten dereito a:

- Que lle informen sobre a situación e os dereitos que lle asisten.
- Que lle dean asistencia, o que inclúe comunicacións, manutención, aloxamento e transporte de ser necesario.
- Que lle permitan elixir entre o reembolso do billete ou transporte alternativo.
- Que lle compensen cunha cantidade que vai de 200 a 600 euros sempre que non lle comunicaran a cancelación cunha antelación de 14 días, salvo algunhas excepcións.

Tamén poderá reclamar unha indemnización por danos e prexuízos.

 

RECLAMACIÓNS:

En primeiro lugar, debe dirixirse ao servizo de atención  ao cliente da compañía aérea:

a) Por correo ordinario ou electrónico. Pode consultar ditos enderezos no segunte enlace:

 http://www.seguridadaerea.gob.es/lang_castellano/particulares/cancelac_r...

 

b) Utilizando unha folla de reclamacións dispoñible no mostrador do aeroporto da compañía ou o formulario de reclamación da propia compañía ou o de outras compañías aéreas:

 

 Debe encher o formulario dunha maneira clara, concisa e lexible, incluíndo datos do reclamante,  número de voo e causas da reclamación.

 Tamén terá que achegar a documentación relacionada co voo como: billete, talón de equipaxe, etc.

 

Se non recibe resposta no prazo dun mes ou esta non lle satisfai, pode dirixir a súa reclamación a AESA (Agencia Estatal de Seguridad Aérea) a través do correo electrónico sau.aesa@seguridadaerea.es ou por correo postal ao seguinte enderezo:

Agencia Estatal de Seguridad Aérea.

División de Calidad y Protección al Usuario.

Avda. General Perón, 40. Acceso B.

28020 - Madrid

Dita reclamación deberá ir acompañada da seguinte documentación:

-O formulario para reclamar ante AESA.
-Unha copia lexible das comunicacións que mantivese coa compañía aérea respecto deste problema.
-Unha copia do seu billete de avión e demais documentación de interese.

  

 AESA emitirá unha resolución que debe trasladar á compañía aérea  para que a cumpra.

En caso de non cumprir a compañía aérea esta resolución de AESA:

a)Pode interpoñer unha reclamación en calquera das oficinas do IGCC ou na rede de 138 oficinas de información ao consumidor que hai en Galicia nos concellos e Asociacións de Consumidores.

b)Pode acudir á vía xudicial.

 

ASESORAMENTO:

Calquera persoa afectada poderá recibir asesoramento nas oficinas de atención coas que conta o IGCC nas sete grandes cidades de Galicia, nas oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC) e nas Asociacións de Consumidores.

Tamén pode asesorarse nesta mesma web e no teléfono gratuíto do IGCC : 900 23 11 23

 

MÁIS INFORMACIÓN

Nos enlaces que aparecen a continuación, pode vostede obter información da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) respecto ao procedemento de reclamación así como a información da propia compañía aérea respecto aos voos afectados polas cancelacións