O Laboratorio de Consumo de Galicia colabora coa Universidade da Coruña no proxecto de prácticas profesionais. Diversos alumnos da Facultade de Ciencias recibiron formación teórica e práctica na área Téxtil e Química do LCG; e realizaron labores profesionais.

Esta colaboración parte da nova ordenación dos ensinos universitarios derivada da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, que pon especial énfase na realización de prácticas externas con valor académico en entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, desde a consciencia de que a combinación dunha adecuada formación teórica universitaria co coñecemento aplicado das técnicas e das metodoloxías desenvolvidas no campo profesional, constitúe a base máis sólida para a súa formación integral do estudantado universitario, ao capacitalos correctamente para a súa futura inserción no mercado laboral.

O traballo desenvólvese baixo o seguimento dun titor, que valora diversos parámetros, como o nivel de coñecementos previos, o grao de cumprimento do horario e as tarefas, o nivel de iniciativa, o nivel de esforzo, a calidade dos traballos desenvolvidos, a capacidade de resolver problemas, o nivel de competencias mostrado, así como o nivel de integración na entidade.

Documentación e ligazóns relacionadas