Analiza anualmente unha media de 120 mostras de natureza moi variada entre as que destacan os pequenos electrodomésticos, as bases, prolongadores, caravillas, e os xoguetes eléctricos.

As mostras proveñen fundamentalmente de campañas de control de mercado, e de tomas de mostras realizadas pola inspección de consumo de produtos similares aos que se atopan na rede de alerta.
Os parámetros que determina normalmente teñen que ver coa seguridade dos produtos. Analiza unha ampla variedade de produtos: desde xoguetes eléctricos ata electrodomésticos, ou dispositivos eléctricos coma bases múltiples de conexión eléctrica. Se algún parámetro dos analizados incumpre os criterios técnicos establecidos nas normas que avalían a seguridade, iniciaríase o procedemento para a súa inclusión na rede de alerta nacional.

Este laboratorio está acreditado por ENAC para o marcado e etiquetaxe de xoguetes eléctricos.