A presenza de equipos electrónicos xa é un feito habitual na vida da maioría das persoas consumidoras. Este feito revelou a necesidade nos últimos anos de crear un departamento específico para a análise deste tipo singular de dispositivos.

Nestes últimos anos as solicitudes de análises de produtos electrónicos, principalmente ligadas aos teléfonos móbiles, sufriron unha diversificación, de forma que cada día chegan a este laboratorio novos produtos como tablets, computadoras, equipos de Blue-ray, cámaras fotográficas e de vídeo, reprodutores de mp3, consolas de videoxogos e un largo etc.

 As mostras que recibimos están principalmente ligadas ás reclamacións dos consumidores, e polo tanto as análises solicitadas teñen que ver coa calidade dos produtos, e están encamiñadas a determinar se o defecto se debe a un problema na súa fabricación ou, pola contra, a unha mala utilización do usuario.

Este departamento asume tamén a responsabilidade da Calidade no Laboratorio, no marco da acreditación ENAC segundo a norma UNE-EN-ISO 17025, sendo polo tanto a garante do mantemento e ampliación das acreditacións coas que conta o laboratorio de Consumo de Galicia.