O departamento químico ocúpase de determinar a presenza de substancias de orixe químico que poden estar presentes en produtos de consumo. Estas determinacións están relacionadas en moitos casos coa investigación da calidade dos produtos, coa súa composición, coa determinación do tipo de limpezas realizadas en produtos téxtiles, entre outros.

Pero o valor engadido que aporta este departamento ao Laboratorio de Consumo de Galicia, é o de a determinación de compostos perigosos en produtos de consumo.

O departamento químico dispón dun moderno equipamento analítico con equipos de técnicas instrumentais de cromatografía e espectroscopía, alén de equipamento preciso en técnicas instrumentais clásicas como gravimetría, colorimetría, etc.

Este departamento permite a detección de contaminantes e produtos tóxicos nos materiais que conforman os produtos de consumo, con especial atención a os produtos téxtiles, xoguetes e artigos de puericultura.

A determinación da presenza de compostos perigosos en cantidades superiores ás permitidas pola lexislación vixente, permite a emisión da correspondente alerta no sistema rápido de intercambio de información con AECOSAN, e a súa correspondente retirada do mercado, y a comunicación directa ao resto de Comunidades Autónomas e a inclusión, de se-lo caso, na rede europea de alertas RAPEX.