Analiza anualmente máis de 200 mostras que proveñen fundamentalmente de reclamacións de consumidores.

Os parámetros que se determinan normalmente teñen que ver coa calidade dos produtos. Analízase a composición das fibras que constitúen o tecido, o comportamento das tinturas fronte a diferentes sistemas de lavado,  o comportamento á tracción ou o grao de xeración de pilling, entre outros.
Este laboratorio está acreditado por ENAC segundo a norma UNE-EN 17025 para a realización de 11 ensaios diferentes.
Tamén realiza ensaios relacionados coa seguridade; principalmente en produtos destinados ás persoas máis vulnerables coma son os nenos.  analizando segundo a nova normativa que limita a presenza de cordóns e pezas pequenas en roupa de nenos e bebés. Para os produtos que non cumpran coas esixencias establecidas na normativa de seguridade se inicia o procedemento para a súa inclusión na rede de alerta nacional.

Ademais promove e organiza cada ano a realización de exercicios e ensaios de intercomparación con laboratorios de todo o mundo para avaliar a calidade dos resultados que proporciona. Neste campo dende o ano 2005 tamén forma parte da EPTIS que é un sistema internacional de información sobre ensaios de aptitude.
No ano 2014 o Laboratorio de Consumo de Galicia presentou o seu traballo no 8º Congreso de ensaios de intercomparación en química analítica, microbioloxía e análises clínicos celebrado en Berlín, recibindo unha mención do xulgado á súa presentación en forma de póster, no que amosaba a experiencia recollida nos últimos 8 anos de traballo con máis de 30 laboratorios de 13 países de diversas partes do mundo. EEUU, China, Arxentina, Xordania, entre outros, participan no ensaio realizado polo Laboratorio de Consumo de Galicia.

No 2015 o LCG foi seleccionado para a súa participación no foro técnico The Fifth International Proficiency Testing Conference que se desenvolveu en Timisoara, Rumanía.