O Laboratorio de Consumo de Galicia forma parte do Comité AEN/CTN 40/GT 8 “Seguridade da roupa infantil”. Neste mes de marzo o grupo de traballo reuniuse co fin de desenvolver a normativa técnica necesaria para a consecución dun fin, que as prendas a disposición das persoas consumidoras, destinadas a ser usadas pola poboación infantil, sexan seguras.
Por outra banda, na citada reunión, o Laboratorio de Consumo de Galicia informou sobre os traballos en desenvolvemento levados a cabo polo Comité Europeo CEN 248 WG 34, nos que participa activamente, respecto dos produtos de puericultura na contorna do sono. A Comisión Europea, tras a análise dos accidentes rexistrados e riscos relacionados con produtos de uso infantil na contorna do sono estableceu o mandato M497. Os comités CEN/TC 248 “Téxtiles e produtos téxtiles” e CEN/TC 252 “Artigos de uso infantil e artigos de puericultura” crearon un grupo mixto de traballo denominado WG 34 “Riscos na contorna do soño”, co fin de cumprir co citado mandato.