Pode reclamar calquera persoa independentemente da súa nacionalidade ou zona de residencia que adquira produtos ou servizos para o seu uso persoal ou familiar.
Unha reclamación debe ser sempre dun consumidor ou usuario fronte a un empresario. Non é suficiente que as partes en conflito teñan o carácter de empresario por un lado e de consumidor ou usuario por outro. senón que o conflito derive dunha relación de consumo, isto é, que se produza cando un consumidor acode a un empresario para a obtención dun ben ou servizo porque é o obxecto da súa empresa. Partindo do anterior, é cando por un consumidor ou usuario se pode presentar unha reclamación ou denuncia fronte a un empresario.