Descrición xeral da actividade:

  • No mercado existen á disposición dos consumidores moitos produtos dirixidos á infancia, pero non todos eles son xoguetes, é dicir, non todos son aptos para o xogo dos cativos.
  • Nesta actividade ensínaselle aos máis pequenos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que semellan xoguetes, non o son. Analízanse os envases dos xogos e dos xoguetes e explícanse de xeito sinxelo as súas etiquetas. Por último, identifícanse as pautas de seguridade para facer un uso responsable dos xoguetes.

Localización:

  • Escola Galega do Consumo
  • Lugar indicado pola persoa/entidade solicitante no formulario de inscrición. 

Modalidade:

  • Obradoiro

Duración aproximada:

  • 60 minutos

Dirixido a:

  • Dos 3 aos 12 anos. 

 

Se queres coñecer máis información sobre esta materia podes consultar a documentación e os enlaces de interese indicados máis abaixo.