Descrición xeral da actividade:

  • Internet ofrece moitas vantaxes, pero tamén implica riscos, sobre todo se non se fai un uso responsable e seguro do consumo na rede.
  • Explícase como realizar un uso e un consumo responsable das novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se reflexiona sobre a cantidade de tempo que se lle dedica á navegar pola rede a través dos distintos dispositivos electrónicos (smartphones, tablets, portátiles...).
  • Analízanse as vantaxes e os potenciais riscos no uso de Internet e doutros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting, cyberbulling, grooming, emprego abusivo, ...).

Localización:

  • Escola Galega do Consumo
  • Lugar indicado pola persoa/entidade solicitante no formulario de inscrición. 

Modalidade:

  • Obradoiro
  • Charla participativa

Duración aproximada:

  • 60 minutos

Dirixido a:

  • A partir dos 8 anos. 

 

Se queres coñecer máis información sobre esta materia podes consultar a documentación e os enlaces de interese indicados máis abaixo.