INFORMACIÓN IMPORTANTE:

O fondo de Investimento Advent adquiriu 80 clínicas Dentix en toda España para continuar así coa actividade e os tratamentos pendentes. Para coñecer en detalle as condicións desta compra e os seus efectos nos pacientes. é importante que consulte periodicamente a páxina web do Administrador Concursal ou chame ao seu teléfono 900.835.010 para coñecer cales son as clínicas que abrirán e as posibilidade de seguir os tratamentos nelas.

Neste enlace pode vostede acceder á páxina do Administrador Concursal.

Se vostede quere consultar o listado de clínicas abertas, prema aqui.

 

CONSELLOS OU RECOMENDACIÓNS que deben terse en conta se vostede é unha das persoas afectadas ou considera que pode verse afectado :

RECOMENDACIÓN 1.- RECOMPILACIÓN DE INFORMACIÓN 

O primeiro que debe realizar é buscar toda a documentación e xustificantes, tanto da contratación como do posible incumprimento do contratado como pode ser:

  • CONTRATO subscrito coa clínica dental.
  • ORZAMENTO desagregado do tratamento contratado.
  • FACTURAS e os seus xustificantes de pagamento.
  • HISTORIAL CLÍNICO recente, no que se poña de manifesto a parte do tratamento que foi realizada e a parte que queda ainda  por levar a cabo.
  • PROBAS DIAGNÓSTICAS tales como radiografías, análises, informes médicos…
  • PUBLICIDADE e folletos anunciando o tratamento.
  • RESTO de documentación da que dispoña ( xustificantes de citas, mensaxes da clínica,… )

            No caso de existir un CRÉDITO VINCULADO para o financiamento do tratamento:

  • CONTRATO de crédito vinculado ó tratamento..
  • CERTIFICACIÓN bancaria das cantidades aboadas do crédito.
  • RESTO de documentación da que dispoña (publicidade, ofertas, etc)

MOI IMPORTANTE.-  Se vostede decide continuar o tratamento noutra clínica  é fundamental que previamente,  unha persoa dentista colexiada, emita un informe de valoración do que falta por realizar, respecto do orzamentado orixinalmente.

 

 

RECOMENDACIÓN 2.- INFORMACIÓN XERAL SOBRE A DECLARACIÓN DE CONCURSO DE ACREDORES DE DENTIX

O 3 de decembro de 2020 publicouse no BOE un Edicto do xulgado do mercantil nº 2 de Madrid en relación ao concurso de acredores de Dentix.

Pinchando aqui pode consultarse o texto íntegro de dito edicto.

 

a.- Respecto a este Edicto o máis salientable do mesmo é:

- Ata o 4 de xaneiro de 2021 inclusive, os acredores comunicarán os seus créditos ao administrador concursal.

- A identificación do administrador concursal é:

ACCOUNT CONTROLIUS & AEQUITAS ADMINISTRADORES CONCURSALES SLP.

Av.Alberto Alcocer 24,4ª planta.

CP 28036 de Madrid

correo electrónico dentix.concursal@iusaequitas.net

 

- Os acredores, á súa elección, poderán efectuar a comunicación de créditos en calquera dos dous enderezos.

Pode vostede acceder pinchando aqui, ó  ReXistro Público Concursal, onde se publicarán as resolucións  derivadas do concurso . 

 

 

b-. Contido da comunicación de créditos ao administrador concursal.

De acordo co establecido artigo 256 da normativa concursal (art. 256 e 257 do RD Lex. 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei Concursal), a comunicación expresará:

- Nome, domicilio e demais datos de identidade do acredor.

- Os datos identificativos relativos ao crédito, o seu concepto, contía, datas de adquisición e vencemento, características e clasificación que se pretenda.

- Se se invocase un privilexio especial, indicaranse, ademais, os bens ou dereitos da masa activa a que afecte e, no seu caso, os datos rexistrais.

- Na comunicación, o acredor sinalará un enderezo postal ou  electrónico para que a administración concursal realice cantas comunicacións resulten necesarias ou convenientes. As comunicacións da administración concursal ao enderezo sinalado polo acredor producirán plenos efectos.

- Á comunicación acompañarase copia do título ou dos documentos relativos ao crédito. No el caso de que o acredor opte por realizar a comunicación do crédito por medio electrónico, a copia remitirase por el mesmo medio.

- Á comunicación formularase por escrito firmado polo acredor, por calquera outro interesado no crédito o por quen acredite representación suficiente de eles, e se dirixirase á administración concursal.

Salvo que os títulos ou documentos figuren inscritos nun rexistro público, a administración concursal poderá solicitar os orixinais ou copias autorizadas dos títulos ou documentos aportados, así como calquera outra xustificación que considere necesaria para o recoñecemento del crédito.

 

AVISO IMPORTANTE do ADMINISTRADOR CONCURSAL:

- O ADMINISTRADOR CONCURSAL habilitou unha páxina web na que vostede pode estar informado de xeito periódico sobre o estado do concurso. Pinche aquí

-Vostede pode facer a COMUNICACIÓN DE CRÉDITOS, á que nos referimos na recomendación 2, neste enlace dun xeito sinxelo. Pinche aquí.

 

 

RECOMENDACIÓN 3.- PODO FACER UNHA RECLAMACIÓN?

Como a día de hoxe se descoñece cal vai a ser a evolución que seguirá ao concurso de acredores, con independencia da comunicación que, no seu caso faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2, vostede pode presentar outras reclamacións en función da distinta situación na que se atope (pago completo do tratamento, pago aprazado con Dentix do tratamento, crédito vinculado para a financiación do tratamento).

Na seguinte RECOMENDACIÓN  3 preséntanse diversas propostas de actuación en función da distinta situación na que se pode atopar.

É importante sinalar que tanto a información como os modelos incluídos son propostas xerais que deberán adaptarse á situación particular de cada caso.

Tamén é importante destacar que nas reclamacións que se formulen deberá expoñerse claramente o obxecto da reclamación e o que se pide.

É moi importante que lle quede constancia da presentación da reclamación.

 

RECOMENDACIÓN 4.- RECLAMACIÓNS EN FUNCIÓN DA DISTINTA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPE.

A continuación expóñense unha serie de situacións nas que cada persoa pode atoparse polo que é moi importante que antes de presentar calquera reclamación vostede teña claro en que situación se atope:

- Suposto de persoas que pagaron por adiantado a totalidade do tratamento a Dentix e non o finalizaron.

- Suposto de persoas que pagaron parte do tratamento a Dentix e non o finalizaron e o resto do tratamento estano pagando a prazos a Dentix.

- Susposto de persoas que obtiveron un financiamento para o tratamento e non se finalizou.

É importante destacar que estas reclamacións o son con independencia da comunicación que, no seu caso, faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2.

 

SUPOSTO DE PERSOAS QUE PAGARON POR ADIANTADO A TOTALIDADE DO TRATAMENTO A DENTIX E NON FINALIZARON O TRATAMENTO.

Neste suposto é imprescindible presentar un escrito poñendo de manifesto a situación tanto a Dentix como ao administrador concursal.

- Reclamación a Dentix.

A reclamación a Dentix pode remitirse aos seguintes enderezos:

Dentoestétic Centro de Salud y Estética Dental, SL (Dentix)

Av. Ribera del Loira, 56-58, 2ª planta

28042 Madrid

Email: info@dentix.es

Para esta reclamación pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 1A).

- Reclamación ao administrador Concursal.

Ademais da reclamación a Dentix o afectado debe dirixirse ao administrador concursal ACCOUNT CONTROLIUS&AEQUITAS ADMINISTRADORES CONCURSALES SLP, expoñendo a situación.

Os datos do administrador concursal para poder dirixirse á persoa afectada son:

Av.Alberto Alcocer 24,4ª planta,

28036 de Madrid,

teléfono 915 914 291 fax914 465 321,

correo electrónico dentix.concursal@iusaequitas.net

Para o anterior pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 1B).

É importante destacar que estas reclamacións o son con independencia da comunicación que, no seu caso, faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2.

 

- SUPOSTO DE PERSOAS QUE PAGARON PARTE DO TRATAMENTO A DENTIX E NON O FINALIZARON E O RESTO DO TRATAMENTO O ESTAN PAGANDO A PRAZOS A DENTIX.

Neste suposto é imprescindible presentar un escrito poñendo de manifesto a situación a Dentix e ao administrador concursal, indicando de forma expresa a improcedencia de esixir o pago de servizos non prestados.

- Reclamación a Dentix.

A reclamación a Dentix pode remitirse aos seguintes enderezos:

Dentoestétic Centro de Salud y Estética Dental, SL (Dentix)

Av. Ribera del Loira, 56-58, 2ª planta

28042 Madrid

Email: info@dentix.es

Para esta reclamación pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 2A).

- Reclamación ao administrador Concursal.

Ademais da reclamación a Dentix o afectado debe dirixirse ao administrador concursal ACCOUNT CONTROLIUS & AEQUITAS ADMINISTRADORES CONCURSALES SLP, expoñendo a situación.

Os datos do administrador concursal para poder dirixirse á persoa afectada son:

Av.Alberto Alcocer 24,4ª planta,

28036 de Madrid,

teléfono 915914291 fax914465321,

Email: dentix.concursal@iusaequitas.net

Para o anterior pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 2B).

É importante destacar que estas reclamacións o son con independencia da comunicación que, no seu caso, faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2.

 

SUSPOSTO DE PERSOAS QUE OBTIVERON UN FINANCIAMENTO PARA O TRATAMENTO E NON FINALIZOUSE DITO TRATAMENTO.

Neste suposto é imprescindible presentar un escrito a Dentix e ao administrador concursal, poñendo de manifesto de forma expresa a situación existente e a improcedencia de esixir o pago de servizos non prestados

Con posterioridade a persoa afectada debe dirixirse a entidade financeira, e ao igual que antes, poñerá de manifesto de forma expresa a situación existente e a improcedencia de esixir o pago de servizos non prestados

- Reclamación a Dentix.

A reclamación a Dentix pode remitirse aos seguintes enderezos:

Dentoestétic Centro de Salud y Estética Dental, SL (Dentix)

Av. Ribera del Loira, 56-58, 2ª planta

28042 Madrid

Email: info@dentix.es

Para esta reclamación pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 3A).

- Reclamación ao administrador Concursal.

Ademais da reclamación Dentix o afectado debe dirixirse ao administrador concursal ACCOUNT CONTROLIUS & AEQUITAS ADMINISTRADORES CONCURSALES SLP, expoñendo a situación.

Os datos do administrador concursal para poder dirixirse a persoa afectada son:

Av.Alberto Alcocer 24,4ª planta,

28036 de Madrid,

teléfono 915914291 fax914465321,

Email:  dentix.concursal@iusaequitas.net

Para o anterior pode utilizarse o seguinte modelo (modelo 3B).

É importante destacar que estas reclamacións o son con independencia da comunicación que, no seu caso, faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2.

- Reclamación á entidade financeira.

Esta reclamación debe facerse con posterioridade ás reclamacións feitas a Dentix e ao administrador consursal e xuntar estas reclamacións con toda a documentación de que se dispoña á entidade financeira.

Para a presentación desta reclamación, ademais de poder dirixila a o enderezo postal de cada entidade financeira pode remitirse ao correo electrónico de que dispoña ou usar as follas de reclamación de Consumo que deben ter todos os establecementos abertos ao público.

Neste último caso é moi importante que polo persoal do establecemento se sele e asine a folla co fin de ter constancia da súa presentación.

Tamén pode presentar esta reclamación ante os servizos de atención ao cliente das entidades financeiras.

A información de todos os servizos de atención das entidades financeiras poden consulatarse na páxina web do Banco de España pinchando aqui

 

Se a entidade financeira non contestase á reclamación ou a contestación que lle proporciona non  a considera axeitada pode presentar una reclamación contra dita entidade ante o Servizo de Reclamacións do Banco de España tal como se expón neste enlace

 

Para a presentación da reclamación á entidade financeira poderá utilizarse este modelo (modelo 3C)

 

RECOMENDACIÓN 5- PRESENTACIÓN DA RECLAMACIÓN ANTE O INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA.

Con independencia da comunicación que, no seu caso, faga ao administrador concursal tal como se indica na RECOMENDACIÓN 2, unha vez realizadas as reclamacións anteriores poderá presentar unha reclamación ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Na reclamación que se dirixa ao IGCC deberá achegar as reclamacións presentadas ante a empresa, o administrador concursal  e de ser o caso, a entidade financeira xunto coa documentación de que dispoña.

Para a presentación da reclamación ao IGCC poderá utilizar o asistente de reclamacións que hai na páxina web do instituto (pinchando aqui) ou ven a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento CO401 (pinchando aqui).

 

 

 

PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN NO NOSO TELÉFONO DE CONSULTA GRATUÍTO 900 23 11 23 

Se vostede desexa ver unha versión desta información de xeito máis interactivo pinche AQUI (navegador recomendado Chrome)