Afectados polo peche das clínicas DENTIX  e a súa declaración de concurso de acredores.

O pasado 3 de decembro de 2020 o Boletín Oficial do Estado publicou un Edicto respecto ao concurso de acredores de DENTIX.

Con anterioridade xa pecharan as clínicas onde se realizaba os diversos tratamentos odontolóxicos.

Como consecuencia diso, desde o Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia, elaborou unha serie de recomendacións ou orientacións xerais que poden terse en conta se vostede é unha das persoas afectadas ou considera que pode verse afectado.

Como se indicou estas son  unhas orientacións de carácter xeral, polo que é importante que analice a súa situación particular antes de realizar calquera actuación.

Vostede pode ver esta información:

-Dun xeito interactivo (navegador recomendado chrome)

- En formato texto.