Descrición:

Un dos principais gastos das economías familiares e das persoas consumidoras en xeral é o destinado á alimentación. Unha boa alimentación é requisito imprescindible para ter unha vida sa. Pero … Sabemos realmente o que comemos? Coñecemos as características dos produtos que mercamos?

Para poder responder a estas preguntas é preciso coñecer o etiquetado dos produtos alimentarios. Pode dicirse que o etiquetado dos alimentos é algo así como “a súa tarxeta de presentación”, e facilítanos unha valiosa información sobre os seus ingredientes, se conteñen ou non aditivos e outras sustancias engadidas, as súas propiedades, o seu valor nutricional, a súa data de caducidade, etc.

Ademais, atender ao etiquetado tamén é importante cando adquirimos calquera outro produto –electrodomésticos, cosméticos, roupa, calzado- porque a través do etiquetado podemos coñecer a súas principais características, compoñentes, lugar de fabricación e, en xeral, toda a información necesaria para saber que se trata do produto axeitado para as nosas necesidades.

Coñecer a importancia do etiquetado convértenos en consumidores informados, capaces de decidir de xeito consciente sobre os alimentos e os produtos que estamos a consumir cada día.

Actividades: