A adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo por parte das empresas ou profesionais pódese producir de dúas formas:

  • Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo: A través desta oferta unha persoa empresaria ou profesional manifesta publicamente que todos os conflitos que se presentan coas persoas consumidoras poderán ser resoltos por este sistema se a persoa consumidora así o desexa. Esta oferta, ademais, permítelle utilizar o logotipo aprobado oficialmente de adhesión ao sistema, como un símbolo de distinción dentro do mercado.Esta oferta non ten que ser xeral xa que pode a empresa ou profesional limitala, por exemplo, a determinados conflitos ou relacións. Neste suposto, tamén se pode ostentar o distintivo de adhesión ao sistema arbitral de consumo, pero a utilización do logotipo non pode inducir a erro á persoa consumidora.
  • Para caso concreto: Neste suposto unha persoa empresaria ou profesional adhírese ao sistema para a resolución dun conflito concreto, non podendo neste caso utilizar o distintivo.

Documentación e ligazóns relacionadas