Principais pasos para reclamar a unha compañía aseguradora no caso dun sinistro:
1. COMUNICACIÓN DO SINISTRO Á ASEGURADORA
Con carácter xeral, no prazo máximo de 7 días, deberá comunicarse o sinistro á aseguradora.
É importante consultar a póliza, porque nela pode fixarse un prazo máis amplo.
ASEGURADOR: Persoa xurídica, validamente constituída, que se dedica a asumir riscos alleos en cumprimento dunha relación contractual, a cambio dunha prima.
BENEFICIARIO: É a persoa que recibe a prestación do seguro contratado, e que así ven designada no contrato. Este pode coincidir co propio asegurado ou ser unha terceira persoa distinta.
Á hora de contratar un seguro, que recolla entre as súa prestación a asistencia xurídica, debes atender a limitación do importe asociado a esta garantía.
Debes ter en conta as limitación dos litixios, posto que na gran maioría dos casos a compañía impón unha cláusula que impide beneficiarse deste cobertura cando a controversia xurdida é contra a propia aseguradora.
Unha vez comuniques o sinistro á túa compañía, dentro do prazo máximo de 7 días a contar dende que teñas coñecemento dos feitos (salvo que o contrato establecese outro prazo), disporás de 5 días para comunicar por escrito á aseguradora a relación dos obxectos existentes ao tempo do sinistro e a estimación dos danos.
Seguros de persoas
Son aqueles contratos que teñen como finalidade asegurar á persoa. Neste caso, protéxese a persoa asegurada contra un posible risco que che afecte directamente, como pode ser falecemento, supervivencia, alteración da saúde, etc.
Para a CONTRATACIÓN dun seguro podes solicitar a calquera compañía aseguradora que che faciliten unha proposición de seguro, sen quedares vinculado pola mesma. Dita proposición deberá manterse, aló menos, durante 15 días.
O ASEGURADOR, unha vez finalizada a investigación e peritaxe oportunas para establecer a existencia do sinistro, así como o importe dos danos, deberá satisfacer a indemnización correspondente. A compañía aseguradora queda obrigada a realizar o pago do importe mínimo que poida deber, dentro dos 40 días seguintes, a contar dende a recepción da declaración de sinistro.
É aquela contratación a través da que das cobertura a uns posibles ricos, transferíndoos a unha aseguradora que se encarga de garantir ou indemnizar todo ou parte do prexuízo producido por determinadas situacións accidentais.