As comisións

As comisións son as cantidades que as entidades bancarias che cobran polos seus servizos. Estas poderán cobrarchas xuntas, como un só cargo xenérico ou, por separado, é dicir, un cargo individualizado por cada servizo prestado. Tamén poderán repercutirche gastos xustificados que teñan que pagar a terceiros para poder prestar determinados servizos.

Que son as entidades de crédito?

Son aquelas empresas que, coa debida autorización, dedícanse a recibir depósitos ou outros fondos reembolsables e a conceder créditos, entre as que podes diferenciar os bancos, caixas de aforros, as cooperativas de crédito e o Instituto de Crédito Oficial (ICO).