• Real decreto 899/2009, do 22 de maio, polo que se aproba a Carta de dereitos do usuario dos servizos de comunicacións electrónicas.

Os servizos de tarificación adicional son aqueles servizos engadidos á propia chamada de teléfono ou envío ou recepción de mensaxes de texto ou comunicacións de datos, a través dos cales se prestan servizos de información, ocio e entretemento ou servizos para adultos. O usuario paga, por un lado, pola chamada realizada e, por outro, polo servizo recibido.

Como usuario de servizos de telefonía tes dereito a que o teu operador che presente facturas polos cargos efectuados, diferenciando os conceptos que a integran. Tes así mesmo, dereito a recibir se o desexas, facturas independentes para os servizos de tarificación adicional e facturación detallada das chamadas realizadas, agás as que teñan carácter gratuíto que non figurarán no detalle.

Como calquera usuario de servizos de telecomunicacións, tes dereito a que os operadores che garantan o dereito á desconexión de determinados servizos, cando menos, os de tarificación adicional e as chamadas internacionais.

Como usuario de telecomunicacións, tes dereito a que o servizo que se che preste se realice de forma continuada e sen interrupcións, de sorte que se estas se producen, poderás esixir ao teu operador as correspondentes indemnizacións. O contrato de abono do servizo telefónico deberá recoller os termos e condicións nos que se dará cumprimento a esta obriga.

 

Por petición do usuario

Se o desexas tes dereito a solicitar a suspensión do servizo por un período que non será inferior a un mes nin superior a tres meses, non podendo exceder en ningún caso dito período aos 90 días por ano natural. Neste caso, o operador deberá deducir da cota de abono a parte proporcional do importe correspondente ao tempo de suspensión.

 

En moitas ocasións, os usuarios acceden ao servizo de telefonía móbil utilizando un terminal suxeito a un compromiso de permanencia. Estes terminais están configurados de maneira que non poidan ser utilizados con tarxetas doutros operadores, sendo necesario para iso, liberar o terminal.

Como usuario de telecomunicacións, tes dereito a cambiar de operador en calquera momento (ten presente a cuestión dos compromisos de permanencia). Así mesmo, terás dereito a conservar o teu número de teléfono móbil en todo caso e o teu número de teléfono fixo cando non cambies de localización física, en telefonía a isto chámaselle portabilidade.

Quizais como consecuencia da presenza dun cada vez maior número de operadores e do importante aumento das queixas dos usuarios sobre a calidade dos servizos que ofrecen, a vixente carta de dereitos dos usuarios de telecomunicacións obriga ás empresas a que publiquen de maneira detallada e actualizada información sobre a calidade dos servizos que prestan.

O contrato subscrito entre consumidor e operador vai determinar os dereitos e obrigas de cada unha das partes. Por este motivo, a lexislación obriga a que ditos contratos inclúan un CONTIDO MÍNIMO que garanta que o usuario conte coa información suficiente sobre o servizo que contrata e as condicións aplicables ao mesmo. Como mínimo os contratos deberán expresar: