A información que se facilite aos consumidores deberá ser veraz, eficaz, suficiente, transparente e actualizada. Sen embargo, en materia de telecomunicacións tense dado casos por parte das operadoras de levar a cabo campañas que chegaron a considerarse enganosas debido á confusión que xeraron ou puideron xerar entre os usuarios.

Entendemos por SERVIZO UNIVERSAL o conxunto de servizos cuxa prestación está garantida a tódolos usuarios finais con independencia da súa localización xeográfica, cunha calidade determinada e a un prezo accesible. O operador obrigado a prestar o servizo universal na actualidade é Telefónica.

Dereito dos consumidores dentro do servizo universal